Fanpa Compostela ven de resolver a 4ª edición do Concurso Fotografías pola Igualdade, un certame dirixido ao alumnado e ás familias, dos centros públicos de educación primaria, secundaria, bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos.
Un xurado composto por profesionais do mundo da fotografía, o deseño e o ensino foi o encargado de decidir as fotografías que resultaron gañadoras na presente edición.
A entrega de premios celebrarase o vindeiro xoves 4 de novembro ás 17:30 h no Salón de Actos do Edificio Cersia en Santiago de Compostela, na que teremos a oportunidade de escoitar os contos tradicionais de Celso F. Sanmartín.
O Concurso Fotografías pola Igualdade ten por obxectivo plasmar nunha fotografía como ven a igualdade en calquera ámbito da vida e promover a reflexión.
Ademais do concurso fotográfico, o proxecto contempla tamén varias actividades posteriores.
Organizado pola Federación de ANPAS Compostela coa colaboración da Confederación ANPAS Galegas, esta iniciativa conta con axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. (Secretaría Xeral de Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero).