14 Dec Charla “A implicación das familias na prevención da violencia de xénero” – secundaria (26/10/21)
Charla da socióloga Amada Traba realizada o martes 26 de outubro de 2021.
Actividade dirixida a familias de alumnado de educación secundaria, no marco da campaña Fotografías pola Igualdade.
A violencia de xénero é un problema estrutural e sistémico no que todas as institucións temos que implicarnos conscientemente. Nesta charla conversamos sobre as formas nas que, sen nos decatar, podemos chegar a reproducir modelos, formas de pensar, estereotipos discriminatorios, ou alentar condutas que non propician o cambio que desexamos. Tamén se comentaron aspectos das relacións afectivas familiares que si inciden positivamente na eliminación desta violencia.
Ver a charla completa: