Exposicións itinerantes “Fotografías pola igualdade 2023”

Fotospolaigualdade5_exposicion_IES-Sar

Exposicións itinerantes “Fotografías pola igualdade 2023”

Xa deron comezo as exposiciós itinerantes do concurso Fotografías da igualdade no presente curso escolar.

Durante os meses de abril e maio de 2023, o alumnado de varios centros de ensino terán ao seu alcance, durante un par de semanas, a mirada doutros compañeiros e compañeiras ao respecto da igualdade. Procúrase deste xeito que a exposición fotográfica dé lugar a comentarios, interpretacións, impresións, pensamentos; ao final o que se pretende é que exista un debate sobre a igualdade.

O luns 17 de abril comezou a organización das exposicións da primeira quenda, no:

  • IES de Sar (ANPA de Sar)
  • EEI Milladoiro (ANPA Millapeques)
  • CPI de Vedra (ANPA do CPI de Vedra)
  • CEP Ventín (ANPA As Brañas – Ventín)

A segunda quenda comeza o 3 de maio nos seguintes centros:

  • IES Antón Fraguas (ANPA Antón Fraguas de Santiago).
  • CEIP Arquitecto Casas Novoa (ANPA Arquitecto Casas Novoa, A SIONLLA).
  • CEIP Monte dos Postes (ANPA Monte dos Postes)
  • CEIP Pío XII (ANPA A Ferradura)

E na terceira, inaugurarase o 22 de maio nos centros:

  • CEIP de Roxos (ANPA do CEIP de Roxos)
  • CEIP Raíña Fabiola (ANPA Sarela)

En paralelo, nestes centros estanse a realizar diferentes actividades complementarias (charlas, contacontos…) que xiran en torno á temática da igualdade.