O pasado venres 4 de novembro tivo lugar no Edificio CERSIA en Santiago de Compostela a entrega de premios da cuarta edición do concurso Fotografías pola igualdade.
Aquí amosamos cales foron as fotografías gañadoras e as participantes desta última edición:
Lois Lamas Dios,
CEIP Raíña Fabiola
Neste xogo non hai uns que teñen preferencia aos outros. Non hai nin fichas brancas, nin negras, nin peóns, nin torres, todos son diferentes pero poden mover igual. Esta imaxe é a representación, na miña opinión, de como debería ser o mundo.
Diego Solla Carlucci,
CEIP San Martiño
Para acadar unha verdadeira igualdade entre homes e mulleres temos que empezar dende idades moi temperás. Xogar, compartir, crecer, descubrir, rir e chorar non coñecen xénero e só poderemos chegar a sermos verdadeiramente iguais se nos damos a man e percorremos xunt@s a praia da igualdade.
Valeria Carro Novelle
CEIP San Martiño
Non hai xoguetes para nenos e xoguetes para nenas, non é certo. Podemos xogar cos xoguetes que queiramos. Lucas quere xogar coas monecas e o unicornio, e Nancy cos coches, o avión e o dinosaurio, e divértense moito. A igualdade está nas nosas mans.
Daniela López Diz
CEIP San Martiño
Elaboramos os carteis e debuxos de distintas raza e países, decoramos as letras da igualdade. Todo isto para tomar conciencia de que no mundo hai que respectar a todas as persoas sexan da raza que sexan, e que os nenos e nenas temos os mesmos dereitos e somos todos iguais, de aí os símbolos que coloreamos no cartel da foto. O mundo é multicolor.
Nuria Lourido Romar
IES Terra do Xallas
Con esta imaxe pretendo reivindicar o dereito das mulleres a poder alcanzar postos directivos. Desexo que a igualdade plena sexa unha realidade e que non nos impoñan límites. Desexo que escache definitivamente o “teito de cristal” que limita as nosas carreiras profesionais e nos impide seguir avanzando. Eu acabo de crebalo nesta fotografía. Alguén se quere unir a min?
Simón Montes Pulido
IES do Castro – Vigo
Ter unha discapacidade, neste caso sensorial non pode ser unha fronteira para levar a cabo un sono. Un dos sonos de Simón era entrar no Conservatorio e tocar a gaita e este e o mellor exemplo de que se queres podes Aquí aparece tocando co seu irman Antón. Non hai fronteiras.
Icía Alonso Martín,
IES Pontepedriña
O título dí que o futuro está nas nosas mans, cambiálo é cousa de tod@s. Por iso na imaxe, vése como unha rapaza tira con forza da outra agarrándoa da man…. Se unhas tiramos de outras, unidas, o conseguiremos. Conseguiremos o dereito á IGUALDADE.
Lucía Vázquez Carnota e Carla Sánchez Portos
IES de Sar
Cada elemento desta imaxe ten un significado oculto: A bolboreta define as ganas de voar e ser libre. A pulseira fai referencia aos lazos que vinculan ás persoas. As lentes representan a mirada violeta, mirar aos cousas dende un punto de vista igualitario. Finalmente, o libro representa a cultura que nos educa a todos nós. O libro que está na imaxe é “O diario violeta de Carlota” de Gemma Lienas. Gustounos moito o seu punto de vista e opinión sobre o machismo e feminismo na vida cotiá. A historia está en forma de diario, onde unha rapaza chamada Carlota decide escribir situacións non igualitarias entre homes e mulleres no seu entorno. Deuse conta do machismo que había (e hai) na sociedade actual. Todo isto en consonancia coa natureza.
Aura Gutiérrez Carollo
IES Urbano Lugrís
O sector da limpieza é normalmente asociado ás mulleres, xa que as normas e estereotipos sociais dictan que deben ser elas quenes se encarguen destas tarefas. Por iso, debemos promover a igualdade laboral neste sector, para que non só as mulleres poidan acceder a este traballo senón que todos os xéneros e especialmente os homes poidan acceder a el sen ningún tipo de crítica ou prexuízo.
Iris Rivadulla Picón
IES de Sar
Quero representar a través dos pitos que nacemos todos coas mesmas oportunidades e vantaxes, pero en canto medramos todo cambia, o sexo masculino representado polo galo faise co poder neste caso no galiñeiro, eso sí sempre coa axuda das mulleres (as galiñas). Son unhas fotos moi metafóricas.
Non habendo fotografías presentadas, considérase que os premios quedan desertos.
Familia Lamas Dios
CEIP Raíña Fabiola
Día a día, cando atopamos unha poza no camiño saltamos xuntos e libres, iguais, nena e neno, cada un coa súa enerxía e a súa independencia. Miramos cara abaixo e vemos o noso propio reflexo, mais sen medo a caer na lama, afrontamos os retos da vida e voamos ben alto.
Familia Alonso Martín
CEIP Lamas de Abade e IES Pontepedriña
Pai e nai cos seus fillos, facendo o mesmo, remando xuntos, non compiten senon que queren chegar. Chegar a un punto. Para elo teñen que unir forzas e remar coordinados. Metáfora da vida, que neste caso é conseguir o punto no que todos sexamos iguais!