Participar na 6ª edición do Concurso Fotografías pola Igualdade é moi sinxelo:
- Envía un correo a fotospolaigualdade.participa@gmail.com detallando nome e apelidos da/o concursante (ou concursantes no caso das familias), modalidade pola que te presentas (educación infantil-primaria, educación secundaria, bacharelato ou familia), nome do centro público no que estudas (ou nai/pai/titora dunha alumna/o do centro), concello do centro, nivel de estudos que cursas, título da fotografía, texto explicativo da mesma, nome da nai/pai/titora no caso do alumnado concursante de educación infantil ou primaria, enderezo completo e teléfono de contacto.
- Adxunta a fotografía coa que queres participar.
- Adxunta a autorización. Descarga aquí o modelo de autorización (podes cubrilo dixitalmente e adxuntalo en formato PDF ou ben imprimilo, cubrilo a man e despois escanear o documento ou sacarlle unha fotografía para adxuntalo no formulario).
Se precisas algunha aclaración, non dubides en contactar coa Federación de ANPAS Compostela.
Alédanos moito saber da túa participación. Moita sorte!