O CONCURSO
O proxecto de fotografías pola igualdade consiste na organización dun concurso de fotografía dirixido a todo o alumnado pre-universitario de centros de ensino públicos.
O proxecto de fotografías pola igualdade consiste na organización dun concurso de fotografía dirixido a todo o alumnado pre-universitario de centros de ensino públicos.
O obxecto do concurso será a presentación de fotografías onde se visualicen situacións de consolidación da igualdade entre persoas, ou contrariamente de denuncia da desigualdade, nomeadamente entre persoas de diferente xénero, co obxectivo de atopar unha mirada crítica contra a desigualdade cotián.
O concurso ten dúas finalidades:
Logo de obter, valorar e premiar, as fotografías presentadas ao concurso, estas pasarán a ser a base dunha serie de exposicións nos centros escolares que así o soliciten dentro do ámbito da Federación Galega de Anpas “Compostela”.
As exposicións terán unha duración de quince días en cada centro escolar, e exporán como máximo un total de 30 fotografías que se seleccionarán de entre todas as participantes. O número de exposicións virá dado pola demanda das ANPA, xa que ao ser un material facilmente reproducíbel non hai ningún problema en realizar as exposicións que sexan necesarias, tan só haberá que imprimir outra copia das fotos seleccionadas.
No curso 2019-2020 esta Federación xa realizou unha experiencia piloto deste proxecto, e programou un total de 20 exposicións.
No curso 2020-2021 a incidencia das restricións derivadas da COVID-19 provocou que as exposición non puideran celebrarse ao xeito convencional. Porén, todos os centros que participaron tiveron unha copia das fotografías que se presentaron a concurso, material que constituirá a base de futuras exposicións no momento no que estas se permitan de novo nos centros educativos.
As exposicións teñen unha pretensión dupla: