As fotografías gañadoras e participantes por categorías nesta segunda edición son:
Icía Alonso Martín, 5º EP,
CEIP Lamas de Abade
Na foto aparece un mural do banquete de Conxo, que representa a desigualdade social da época, xa que está formado por todos homes excepto una muller que é Rosalía de Castro. ademáis o contraste da foto fai que pareza una porta no muro de pedra, simbolizando unha porta hacia o camiño da búsqueda da igualdade.
Virginia Vilasoa Triñanes, 6º EI
CRA Rianxo – Escola da Capela.
A fotografía sacouna Virginia un domingo na hora do xantar.
Estabamos toda a familia a preparar o xantar, cando ela colleu o teléfono da nai e comezou a sacar moitas fotos repetidas ca mesma escena. Cando vimos o que estaba facendo e lle dixemos que deixara o teléfono, ela contestounos que nos estaba sacando fotos porque “lle gustaba cando traballamos en equipo para preparar a comida”.
A contestación que nos deu foi o motivo polo cal nos decidimos a enviar unha das fotos que sacou a este concurso; xa que ela percibiu que cando todos colaboramos nunha tarefa do fogar, esta faise máis amena, familiar e incluso se pode transformar nun xogo e así o quixo reflexar sacando as fotos
Nerea Peña Gondar, 1º EP
CEIP Mestre Rodríguez Xixirei
Aproveitando que tiñamos montado un belén do pasado Nadal, pensamos como representar unha escena sobre a igualdade.
Aproveitando que tiñamos montado un belén do pasado Nadal pensamos como representar unha escena sobre a igualdade. A Nerea ocurríuselle poñer a todos os chicos a coidar bebés ou a traballar en tarefas do fogar mentres as chicas desfrutaban facendo actividades máis asociadas ao sexo masculino, como xogar aofútbol.
“Como as chicas non poden xogar e facer cousas mentres coidan aos bebés, pois hai que cambialo. Que os chicos lle axuden a facer eses traballos ás chicas, e as chicas poidan facer o que lle guste”.
Ileana Alba Piñeiro Degán, 3º EP
CPI dos Dices – Rois
Nada de “as chicas son de letras e os chicos de ciencias”. O cerebro non ten xénero. Podemos facer o que nos gusta e prepararnos para o que queiramos. (Na foto saímos o meu amigo e compañeiro Arón e eu cuns cerebros debuxados igual para referirnos á actividade cerebral).
Ánxela Nogueira Pérez, 5º EP
CEIP Lamas de Abade
Ese día de veran a miña filla tiña moi claro que quería ser labrega, como decía Anxela son a mellor reganta do mundo. A vida só ten uns limites que son os que lle marcamos nos. Por as regantas, mariñeiras, doutoras, enxeñeiras, ministras, policías, ou o que vos apeteza ser.
José María Montero Viqueira,
IES Xelmírez II
Nesta foto vemos unha balanza na que dous obxetos se comparan para ver se pesan o mesmo e son iguais, en cambio ao que eu me refiro e a igualdade de dúas persoas sea de xénero, raza, orientacion sexual, etc… Entón isto é unha metáfora social.
Arturo Rodríguez Maceiras, 4º ESO,
IES Xelmírez II
Esta foto ten unha parte sobre a igualdade e outra sobre a desigualdade. Desigualdade porque as cores estan caracterizando o xénero desa persoa e igualdade porque esas persoas sentaronse xuntos sendo de xeneros distintos.
Alejandro Fabeiro Vázquez, 4º ESO,
CPI dos Dices- Rois
Esta imaxe representa que cando un home desprecia a defensa de ideas coma a igualdade das mulleres, o feminismo ou a violencia de xénero (de ahí o lixo cos logotipos), o que está facendo é despreciar indirectamente a idea mesma de muller.
Marta Mosquera Taboada, 1º Bacharelato,
IES de Melide
Fixemos esta foto no patio do centro. No lado da esquerda da táboa hai unha alumna de 1º ESO, unha de 2º ESO, unha de 3º ESO, unha de 4º ESO, unha de 1º de Bacharelato e unha de 2º de Bacharelato e no lado dereito do balancín hai alumnos dos todos os niveis.
En total somos 12 pero representamos a todos os alumnos e alumnas do centro. A táboa que soporta o peso está equilibrada a pesares das diferencias de peso e tamaño físico. Coa miña foto quixen representar a igualdade, non de peso senón de validez e de capacidades que todos posuímos.
Santiago Esturao Alzate, 1º Bacharelato,
IES Antón Fraguas
Coa intención de representar a xustiza e a igualdade nunha realidade que denótase coma abstracta, a miña foto pretende representar unha visión difusa do concepto, determinado as más das veces según a perspectiva.
Deixando unha luz subyacente de esperanza que ensombrece todo luxo e capacidades igualitarias. As figuras, dun home e unha muller encubren os seus rostros e inclusive a súa natureza, iluminando ao monomito representativo. A forma de cruz da balanza é unha doble representación según se vea, siendo tanto a fe no concepto exposto coma a súa morte.
Rosalía Rodríguez Cruz, 2º Bacharelato,
IES Xelmírez II
A vida é como unha escaleira infinita que non sabemos que tan grandes poden ser os chanzos. Esta non entende de ideoloxías e moito menos de sexos. Tanto homes como mulleres temos as mesmas oportunidades de subila, ata que un día esvaremos e xa non importará nada da nosa condición, porque ante a cruel mirada da morte, todos somos iguais.
Sabela Rey Miguéns, 2º Bacharelato,
IES de Sar
Nesta imaxe tento mostrar todo ese respeto e cariño que dota a relación de meus avós. Dúas persoas formadas de valentía e coraxe que afrontaron e afrontan o seu día a día con moito traballo pero, sobre todo, con moito amor. Unha heroina e un heroe que sacaron adiante a toda unha familia co seu esforzo e ca súa adicación. A ambientación da imaxe é a súa casa, as súas terras de labranza, as que tanto tempo lle adicaron e adican. Sosteñen unha forcada como símbolo da forza igualitaria que ambos empoderan e un medio sorriso froito desa simpatía amorosa que os une.
Tania Domínguez Viqueira, 1º Bacharelato,
IES Xelmírez II
A imaxe que presento mostra diferentes casos nos que se pode ver a desigualdade de xénero coa que convivimos nesta sociedade, e quere incitar a seguir loitando por unha igualdade real. Con ela abro as portas a reflexionar sobre este tema.
Patricia Iglesias Millares,
CEIP/IES de Brión
É un xogo de palabras, porque no rugby, quen é quen de pousar o balón trala liña de fondo do campo contrario fai un ENSAIO (que vale 5 puntos). A nena que vedes na foto (miña filla) vai camiño dese “ensaio”… pero ó tempo está abrindo camiño con outras pequenas para que todas e todos xoguen e se divirtan en igualdade. Como agardo que lle pase en tódolos eidos da vida.