As fotografías participantes por categorías desta última edición son:
Demelsa Asorey Iglesias, 5ºEI,
CEIP Apóstolo Santiago
Sé libre, sé como queiras.
Poderás ser igual, pero pensar diferente. Poderás ser distinto pero pensar igual. Poderás levantarte de curto e amarelo, e deitarte de longo e vermello.
Que a túa apariencia soa non te defina.
A túa personalidade é a que predomina.
Alexandre Busta García, 5º EP,
CEIP Pío XII
Cada día, Alexandre e o seu pai atravesan o paso de peóns da Porta Faxeira, que separa a Zona Vella da Alameda.
Desde pequerrecho, a Alexandre chamoulle a atención que o paso de peóns tivera unha bandeira multicor e preguntou por qué o paso de peóns tiña esa bandeira. Explicámoslle que quería dicir que “hai que respectar a todo o mundo”, e desde aquela repite a frase ó atravesar o paso de peóns.
O seu pai decidiu sacar o móbil e apuntar á bandeira multicor, mentres Alexandre premeu co dedo para executar a foto.
As sombras dos dous no momento de premer co dedo, proxéctanse sobre a bandeira multicor e o paso de peóns, nun dos primeiros días da primavera en Compostela. Tamén se pode ver a sombra das árbores da Alameda, co sol abríndose paso alegre entre as súas follas.
Pensamos que era unha bonita metáfora da vida: atraverse a pasar ó outro lado para abrazar a todas e todos, iguais e diversas e diversos. Por iso a titulamos coa frase que Alexandre sempre repite ó camiñar á beira da bandeira coas cores da arco da vella: “Hai que respectar a todo o mundo”.
Cada día atravesamos moi contentos o paso de peóns máis bonito de Compostela, mentres escoitamos de fondo unha das frases da esencia picheleira: “Porta Faxeira, pode pasar”.
Carla Sánchez Portos, 1º ESO,
IES de Sar
Na natureza están presentes todas as cores. A nosa fotografía integra a cor da igualdade como un elemento máis nela. Nesta imaxe preténdese establecer un vínculo entre a igualdade e a natureza. Aquí non hai estereotipos e non hai discriminación en canto ás cores.
María Prado Fernández, 2º Bacharelato, IES de Arzúa
Se eles poden por qué nós non: con esta sinxela frase, resúmese a idea principal que quero transmitir.
Igualdade significa que non existen razas nin sexos superiores. Todos iguais. Coma eles.
Cans e gatos son tradicionalmente dúas razas sobre as que pesa a súa enemizade histórica.
Tal e como demostra a fotografía tanto Zeus (o cadeliño) e Atenea (a gatiña), lévanse estupendamente ben sen ter en conta a súa diferencia de raza e de sexo.
Os dous iguais axudándose e xogando xuntos.
Se eles poden, por qué nós non?
Somos iguais, estamos xuntos.