ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

5ª EDICIÓN DO CONCURSO

A Federación Galega de ANPAs Compostela convoca o 5º Concurso de Fotografía pola Igualdade co obxectivo de que o alumnado e  as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida e promover a reflexión. Valorarase que sexan mensaxes positivas nas que se visibilice o que contribúe a igualdade nas distintas esferas da vida (familia, de relación entre iguais, lecer, deporte, educación, cultura…).

De entre todas as fotografías presentadas, un xurado seleccionará 10 fotografías por categoría, que levarán como agasallo un diploma e un libro en lingua galega adaptado á idade da persoa participante, agás na categoría de familia que recibirán un diploma e a copia impresa da súa fotografía.

O prazo de admisión de fotografías rematará ás 23.59 h. do día 30 de abril de 2024.

FEDERACIÓN GALEGA DE ANPAS COMPOSTELA

FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

O Concurso Fotografías pola Igualdade ten por obxectivo plasmar nunha fotografía como ven a igualdade en calquera ámbito da vida e promover a reflexión.

Ademais do concurso fotográfico, o proxecto contempla tamén varias actividades posteriores.

Organizado pola Federación de ANPAS Compostela coa colaboración da Confederación ANPAS Galegas, esta iniciativa conta con axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. (Secretaría Xeral de Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero).

Cartaz Fotos pola igualdade Fanpa Compostela 5ª edición 2024