SEGUNDA EDICIÓN “FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE”

CURSO 2019/2020

As fotografías gañadoras e participantes por categorías nesta segunda edición son:

SOMOS IGUAIS_fotospolaigualdade2

1º PREMIO

Somos iguais

Irene Vinagre Camino, 5ºEP,
CEIP Apóstolo Santiago

LÚA E NOITE_fotospolaigualdade2

2º PREMIO

Lúa e noite

Martina Alonso Martín, 4º EP,
CEIP Lamas de Abade

A simetría da foto fala de igualdade e tamén o feito de ser branco sobre negro e negro sobre branco, como un yinj-yanj, equilibrio perfecto.

ROSALÍA. PORTA A IGUALDADE_fotospolaigualdade2

3º PREMIO

Rosalía. Porta á igualdade.

Icía Alonso Martín, 5º EP,
CEIP Lamas de Abade

Na foto aparece un mural do banquete de Conxo, que representa a desigualdade social da época, xa que está formado por todos homes excepto una muller que é Rosalía de Castro. ademáis o contraste da foto fai que pareza una porta no muro de pedra, simbolizando unha porta hacia o camiño da búsqueda da igualdade.

NA NOSA CASA TODS FACEMOS DE TODO_fotospolaigualdade2

Na casa, todas facemos de todo.

Mateo Álvarez Caramés, 3º EP
CEIP Apóstolo Santiago

Na imaxe mostrase que o que pensamos que todas e todos podemos facer todo o que precisamos.

EU TAMÉN ARRANXO_fotospolaigualdade2

Eu tamén arranxo

Lucía Taboada Codesido, 4º EP
CEIP Mestre Rodríguez Xixirei

Moitos dos meus compañeiros, din que porque son unha nena non sei arranxar as cousas, así con esta foto demostro que son unha auténtica manitas, que son unha nena a que se lle da ben utilizar o martelo e o trade.

FORZA LILÁS-AUTORRETRATO_fotospolaigualdade2

Forza Lilás – Autorretrato

Estrela Candales González, 5º EP
CEIP Apóstolo Santiago

A forza lilás é a forza das mulheres e das nenas  libres

Todas podemos

Celtia Moroño Vilar, 3º EP
CEIP Apóstolo Santiago

Na miña casa cando temos que montar algo sempre participamos todas.

IGUALDADE NO DEPORTE (pixelada)_fotospolaigualdade2

No deporte, xoguemos xuntos

Mateo Lois Rodríguez, 3º EP
CEIP Apóstolo Santiago

O Tenis de Mesa, igualdade real nas Ligas Galegas, onde as equipas son mixtas.

TRABALLO EN EQUIPO_fotospolaigualdade2

Traballo en equipo

Virginia Vilasoa Triñanes, 6º EI
CRA Rianxo – Escola da Capela.

A fotografía sacouna Virginia un domingo na hora do xantar. 

Ler comentario completo

Estabamos toda a familia a preparar o xantar, cando ela colleu o teléfono da nai e comezou a sacar moitas fotos repetidas ca mesma escena. Cando vimos o que estaba facendo e lle dixemos que deixara o teléfono, ela contestounos que nos estaba sacando fotos porque “lle gustaba cando traballamos en equipo para preparar a comida”.
A contestación que nos deu foi o motivo polo cal nos decidimos a enviar unha das fotos que sacou a este concurso; xa que ela percibiu que cando todos colaboramos nunha tarefa do fogar, esta faise máis amena, familiar e incluso se pode transformar nun xogo e así o quixo reflexar sacando as fotos

A FOTO DAS CHICAS_fotospolaigualdade2

A foto das chicas

Nerea Peña Gondar, 1º EP
CEIP Mestre Rodríguez Xixirei

Aproveitando que tiñamos montado un belén do pasado Nadal, pensamos como representar unha escena sobre a igualdade. 

Ler comentario completo

Aproveitando que tiñamos montado un belén do pasado Nadal pensamos como representar unha escena sobre a igualdade. A Nerea ocurríuselle poñer a todos os chicos a coidar bebés ou a traballar en tarefas do fogar mentres as chicas desfrutaban facendo actividades máis asociadas ao sexo masculino, como xogar aofútbol.
“Como as chicas non poden xogar e facer cousas mentres coidan aos bebés, pois hai que cambialo. Que os chicos lle axuden a facer eses traballos ás chicas, e as chicas poidan facer o que lle guste”.

NON SÓ AS AVOAS FAN GANCHO_fotospolaigualdade2

Non só as avoas fan gancho

Marcos Martínez Asenso, 3º EP
CEIP Monte dos Postes

O CUSTO DE SER NENA_fotospolaigualdade2

O custo de ser nena

Anvar Ruslanov, 2º EP
CEIP Raíña Fabiola

O aseo escolar nun pobo en Kazajistan. O non ter acceso a baños axeitados causa absentismo escolar das nenas. P.S. No inverno a temperatura baixa ata menos 40-45ºC

CAMIÑANDO POLA VIDA_fotospolaigualdade2

Camiñando pola vida

Anxo Rouco Rodríguez, 5º EP
CEIP As Fontiñas

Nesta foto móstrase a dous nenos camiñando felices, sen complexos, porque un xoguete non ten que ser calsificado polo xénero.

O CEREBRO É UNISEX_fotospolaigualdade2

O cerebro é unisex

Ileana Alba Piñeiro Degán, 3º EP
CPI dos Dices – Rois

Nada de “as chicas son de letras e os chicos de ciencias”. O cerebro non ten xénero. Podemos facer o que nos gusta e prepararnos para o que queiramos. (Na foto saímos o meu amigo e compañeiro Arón e eu cuns cerebros debuxados igual para referirnos á actividade cerebral).

SOMBRA POLA IGUALDADE_fotospolaigualdade2

Sombra pola igualdade

Iago Alonso Mato, 2º EP
CEIP Pío XII

Nunha sombra ninguén pode ser discriminado nin por sexo, nin por cor da pel, nin por relixión, nin por estudos

SON O QUE QUERO SER_fotosolaigualdade2

Son o que quero ser

Ánxela Nogueira Pérez, 5º EP
CEIP Lamas de Abade

Ese día de veran a miña filla tiña moi claro que quería ser labrega, como  decía Anxela son a mellor reganta do mundo. A vida só ten uns limites que son os que lle marcamos nos. Por as regantas, mariñeiras, doutoras, enxeñeiras, ministras, policías, ou o que vos apeteza ser.

A BALANZA IGUALITARIA_fotospolaigualdade2

1º PREMIO

A balanza igualitaria

José María Montero Viqueira,
IES Xelmírez II

Nesta foto vemos unha balanza na que dous obxetos se comparan para ver se pesan o mesmo e son iguais, en cambio ao que eu me refiro e a igualdade de dúas persoas sea de xénero, raza, orientacion sexual, etc… Entón isto é unha metáfora social.

IGUALDADE NAS AULAS_fotospolaigualdade2

1º PREMIO

Igualdade nas aulas

Arturo Rodríguez Maceiras, 4º ESO,
IES Xelmírez II

Esta foto ten unha parte sobre a igualdade e outra sobre a desigualdade. Desigualdade porque as cores estan caracterizando o xénero desa persoa e igualdade porque esas persoas sentaronse xuntos sendo de xeneros distintos.

CÓIDAME_fotospolaigualdade2

2º PREMIO

Cóidame

Sabela Taboada Codesido, 1º ESO,
IES de Sar

Meu pai é a miña persoa favorita, él coidame a min e a miña irmá, fai de “nai”, escoitame, enténdeme, faime rir, edúcame. Esta é a miña homenaxe o meu pai, quérote!

USAR E TIRAR_fotospolaigualdade2

2º PREMIO

Usar e tirar

Alejandro Fabeiro Vázquez, 4º ESO,
CPI dos Dices- Rois

Esta imaxe representa que cando un home desprecia a defensa de ideas coma a igualdade das mulleres, o feminismo ou a violencia de xénero (de ahí o lixo cos logotipos), o que está facendo é despreciar indirectamente a idea mesma de muller.

PARAFUSO MAIS INGREDIENTES_fotospolaigualdade2

Parafuso máis ingredientes

Claudia Martínez Asenjo, 1º ESO
IES Antón Fraguas

Tarde de sábado. Mamá tenta arranxar a miña lámpada e papá e mais meu irmán, fan madalenas.

O BALANCÍN_fotospolaigualdade2

1º PREMIO

O balancín

Marta Mosquera Taboada, 1º Bacharelato,
IES de Melide

Fixemos esta foto no patio do centro. No lado da esquerda da táboa hai unha alumna de 1º ESO, unha de 2º ESO, unha de 3º ESO, unha de 4º ESO, unha de 1º de Bacharelato e unha de 2º de Bacharelato e no lado dereito do balancín hai alumnos dos todos os niveis.

Ler comentario completo

En total somos 12 pero representamos a todos os alumnos e alumnas do centro. A táboa que soporta o peso está equilibrada a pesares das diferencias de peso e tamaño físico. Coa miña foto quixen representar a igualdade, non de peso senón de validez e de capacidades que todos posuímos.

O PESO AFLIXIDO_fotospolaigualdade2

2º PREMIO

O peso aflixido

Santiago Esturao Alzate, 1º Bacharelato,
IES Antón Fraguas

Coa intención de representar a xustiza e a igualdade nunha realidade que denótase coma abstracta, a miña foto pretende representar unha visión difusa do concepto, determinado as más das veces según a perspectiva. 

Ler comentario completo

Deixando unha luz subyacente de esperanza que ensombrece todo luxo e capacidades igualitarias. As figuras, dun home e unha muller encubren os seus rostros e inclusive a súa natureza, iluminando ao monomito representativo. A forma de cruz da balanza é unha doble representación según se vea, siendo tanto a fe no concepto exposto coma a súa morte.

UNHA ESCALEIRA PARA TODOS_fotospolaigualdade2

2º PREMIO

Unha escaleira para todas

Rosalía Rodríguez Cruz, 2º Bacharelato,
IES Xelmírez II

A vida é como unha escaleira infinita que non sabemos que tan grandes poden ser os chanzos. Esta non entende de ideoloxías e moito menos de sexos. Tanto homes como mulleres temos as mesmas oportunidades de subila, ata que un día esvaremos e xa non importará nada da nosa condición, porque ante a cruel mirada da morte, todos somos iguais.

AMOR, IGUALDADE E AFOUTEZA_fotospolaigualdade2

2º PREMIO

Amor, igualdade e afouteza

Sabela Rey Miguéns, 2º Bacharelato,
IES de Sar

Nesta imaxe tento mostrar todo ese respeto e cariño que dota a relación de meus avós.  Dúas persoas formadas de valentía e coraxe que afrontaron e afrontan o seu día a día con moito traballo pero, sobre todo, con moito amor. Unha heroina e un heroe que sacaron adiante a toda unha familia co seu esforzo e ca súa adicación. A ambientación da imaxe é a súa casa, as súas terras de labranza, as que tanto tempo lle adicaron e adican. Sosteñen unha forcada como símbolo da forza igualitaria que ambos empoderan e un medio sorriso froito desa simpatía amorosa que os une.

IGUALDADE_fotospolaigualdade2

3º PREMIO

¿Igualdade?

Tania Domínguez Viqueira, 1º Bacharelato,
IES Xelmírez II

A imaxe que presento mostra diferentes casos nos que se pode ver a desigualdade de xénero coa que convivimos nesta sociedade, e quere incitar a seguir loitando por unha igualdade real. Con ela abro as portas a reflexionar sobre este tema.

BOMBEIRA, MOTEIRA OU O QUE QUEIRA_fotospolaigualdade2

Bombeira, moteira ou o que queira

Juan José Nogueiras Pérez,
CEIP Lamas de Abade

ENSAIANDO PARA A VIDA_fotospolaigualdade2 (pixelada)

Ensaiando para a vida

Patricia Iglesias Millares,
CEIP/IES de Brión

É un xogo de palabras, porque no rugby, quen é quen de pousar o balón trala liña de fondo do campo contrario fai un ENSAIO (que vale 5 puntos). A nena que vedes na foto (miña filla)  vai camiño dese “ensaio”… pero ó tempo está abrindo camiño con outras pequenas para que todas e todos xoguen e se divirtan en igualdade. Como agardo que lle pase en tódolos eidos da vida.

SEN COMPLEXOS_fotospolaigualdade2

Sen complexos

Inés Mato Naveira, CEIP Pío XII